A Fundación OV ten Convenios de Colaboración con distintas Entidades Públicas e Privadas entre as que cabe destacar:
-
CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar): está preparado para a súa firma un convenio de Colaboración con esta Entidade para colaborar na participación de proxectos no que estea involucrado o sector pesqueiro e marisqueiro, en cuia financiación poda participar a FOV. O pasado decembro de 2009 se chegou a un principio de acordo entre a Dirección de este organismo e a nosa Fundación. Na reunión do Padroado de final de ano 2009 foi aprobada esta liña de colaboración.
-
COLABORACIÓN COAS FEDERACIÓNS GALEGA E PROVINCIAIS DE CONFRARÍAS DE PESCADORES. O pasado ano 2008 a FOV colaborou coas Confrarías para, a través da Federación Galega de Confrarías, encargar un estudio do grado de contaminación das Rías afectadas pola catalogación das zonas ‘c’ que serviu para presentar a denuncia ante o Fiscal anticontaminación.
-
COLABORACIÓN CON DIVERSAS CONFRARÍAS DE PESCADORES. Na financiación de micro-proxectos relacionados coa xestión dos recursos.
-
COLABORACIÓN COAS UNIVERSIDADES. Con determinados Departamentos relacionados coa investigación.
-
COLABORACIÓN CON EMPRESAS PRIVADAS. Coa empresa FISMARE para diversos traballos de investigación.
-
COLABORACIÓN CON ONG’S. Coa Organización WWF-Adena para a organización da convocatoria de microcréditos nas convocatorias dos anos 2004 e 2005.
-
COLABORACIÓN CO CCR-Sur (Consello Consultivo Rexional do Atlántico Sur) do que é membro de pleno dereito.