A Fundación constitúese o día 28 de febreiro de 2003, a iniciativa da xa constituida COMISIÓN DE CONFRARÍAS AFECTADAS POLO “PRESTIGE” (xa desaparecida) e a FEDERACIÓN PROVINCIAL DE CONFRARÍAS DE PONTEVEDRA, por un acordo das dúas organizacións para constituír unha plataforma con forma protección legal axeitada.

Nas Comunidades Costeiras de Galicia o sector da pesca de baixura e o marisqueo constitúe o elemento capaz de nuclear a identidade, a súa cultura, o mantemento de postos de traballo, a actividade económica que xenera a maior riqueza. As Confrarías de Pescadores son as organizacións que manteñen esta actividade, polo que a Fundación Océano Vivo nace coa vocación de adaptar a súa actividade ao traballo das Confrarías no desenrolo da xestión dos recursos, na Investigación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías, na aplicación da Política Marítima Integrada.

Fundación de Interés Galego: Presentada a solicitude á Consellería entón de Pesca, se declara como de, o cal significa acadar un status importante para trazar a súa estratexia de futuro, poder presentar liñas de traballo de colaboración con outras entidades públicas e privadas, ter a iniciativa e/ou colaborar en proxectos nos que se vexa involucrado o sector pesqueiro e marisqueiro.