A Fundación OV ten como obxecto promover, incentivar e executar cantas accións se orienten á recuperación ambiental e económica do sector da pesca e o marisqueo de Galicia, canalizando as axudas públicas que, se é o caso, lle sexan concedidas ou privadas para que para este fin se destinen. Para eso promoverá:

  • A recuperación dos ecosistemas litorais, en especial das rías de Galicia, dos efectos dos hidrocarburos liberados no litoral galego trala vertedura e o afundimento do Prestige.
  • A colaboración directa coas confrarías de pescadores na recuperación da riqueza natural das costas galegas.
  • A recuperación dos valores naturais e turísticos dos ecosistemas galegos ata alcanza-la devolución dos ditos valores ó seu estado anterior á vertedura e afundimento do Prestige.
  • Actuacións tendentes á recuperación e/ou creación de zonas de cultivo extractivo así como os investimentos destinados para reparar ou substituír os elementos materiais utilizados no cumprimento dos fins.
  • Promoción dos produtos galegos provenientes do mar, tanto en mercados nacionais como internacionais.
  • O investimento en investigación e desenvolvemento..

O Padroado da Fundación terá plena liberdade para determiana-la actividade da fundación, dentro dos seus finas, cara a aqueles obxectivos concretos que, ó seu xuízo, sexan os máis adecuados en cada momento.